miércoles, 5 de septiembre de 2012

Programación corpo(a)terra 2012

O programa da 2º Edición do Festival corpo(a)terra: danza, performance, concertos, arte urbano, improvisación de música+corpo+VJ...



A segunda edición do festival transcurrirá os días 13, 14 e 15 de Setembro involucrando a 33 artistas convidadxs.

A programación comenzará todos os días as 20:00h na Praza de Santa Eufemia trazando diferentes percorridos a través do casco antiguo da cidade.

Os elementos a destacar este ano son: a colaboración con músicxs da comarca e do extranxeiro; a integración da arte antiurbana do artista “Peri”; a convocatoria da residencia artística corpo(a)terra, e a inclusión dun ciclo de videodanza no Museo Municipal de Ourense, no café cultural Auriense e no Campus de Ourense ( Universidade de Vigo).

Nesta edición xs invitadxs de honra, as Ourensanas, serán 4 compañías:
Repetindo en corpo(a)terra contaremos cos traballos de Pisando Ovos e Patricia Varela. Ademáis, poderemos ver o traballo da artista ourensana Paula Quintas, recén chegada de Londres. E a cía trasPediante  co seu espectáculo "Baleadas" en formato longo.

Actuarán artistas internacionais, como a arxentina Xenia Tartari que presenta unha proposta que mistura claqué, voz e ritmos coa artista Sandra Varela en “La tapadera”. As cubanas, Cía Entremáns; e por último a irlandesa Liadan Herriot, receptora da residencia artística.

Tamén nos achegaremos ao movemento dende outras disciplinas como o circo, coas propostas de Pablo Trasno  e Fredi Circanelo; e dende unha vertente máis performativa-poética na proposta de  nonou Edicións.

En corpo(a)terra 2012 haberá unha acción directamente dirixida hacia o espacio urbano a través do artista anti-urbano “Peri” que dibuxará inspirándose no ambiente e programación do festival. Abrirá o seu traballo o primeiro día de festival as 21:30h na praza de San Cosme acompañado polo grupo  Cró! e precedidos da actuación de Fredi Circanelo.


Este ano, a FESTA FIN DE FESTIVAL será na praza San Cosme, incluindo: a finalización do graffiti iniciado por Peri; un espectáculo de Improvisación composta por 5 músicos, 2 voces, unha VJ e 4 bailarínas ás que se irán sumando máis artistas do festival a modo de Jam session; a actuación da banda femenina The Tetas´Van e a folida brindada pola asociación O Formiguinho.





No hay comentarios:

Publicar un comentario