Programación










PROGRAMACION 2012

















 A segunda edición do festival transcurrirá os días 13, 14 e 15 de Setembro involucrando a 33 artistas convidadxs. A programación comenzará todos os días ás 20:00h na Praza de Santa Eufemia trazando diferentes percorridos a través do casco antiguo da cidade. Os elementos a destacar este ano son: a colaboración con músicxs da comarca e do extranxeiro; a integración da arte antiurbana do artista “Peri”; a convocatoria da residencia artística corpo(a)terra, e a inclusión dun ciclo de videodanza no Museo Municipal de Ourense, no café cultural Auriense e no Campus de Ourense ( Universidade de Vigo). Nesta edición xs invitadxs de honra, as Ourensanas, serán 4 compañías: Repetindo en corpo(a)terra contaremos cos traballos de Pisando Ovos e Patricia Varela. Ademáis, poderemos ver o traballo da artista ourensana Paula Quintas, recén chegada de Londres. E a cía trasPediante co seu espectáculo "Baleadas" en formato longo. Actuarán artistas internacionais, como a arxentina Xenia Tartari que presenta unha proposta que mistura claqué, voz e ritmos coa artista Sandra Varela en “La tapadera”. As cubanas, Cía Entremáns; e por último a irlandesa Liadan Herriot, receptora da residencia artística. Tamén nos achegaremos ao movemento dende outras disciplinas como o circo, coas propostas de Pablo Trasno e Fredi Circanelo; e dende unha vertente máis performativa-poética na proposta de nonou Edicións. En corpo(a)terra 2012 haberá unha acción directamente dirixida cara o espazo urbano a través do artista anti-urbano “Peri” que debuxará inspirándose no ambiente e programación do festival. Abrirá o seu traballo o primeiro día de festival ás 21:30h na praza de San Cosme acompañado polo grupo Cró! e precedidos da actuación de Fredi Circanelo. Este ano, a FESTA FIN DE FESTIVAL será na praza San Cosme, incluindo: a finalización da pintura iniciada por Peri; un espectáculo de Improvisación composta por 5 músicos, 2 voces, unha VJ e 4 bailarínas ás que se irán sumando máis artistas do festival a modo de Jam session; a actuación da banda femenina The Tetas´Van e a folida brindada pola asociación O Formiguinho. Haberá barras de venda de comida e bebida, para apoiar ao festival.